Actividade 24:

 1. Que é a enerxía xeotérmica?. Cal é o aproveitamento principal desta enerxía?.

 A enerxía xeotérmica é a enerxía que se atopa no interior da terra en forma de calor, como resultado da desintegración dos elementos radioactivos e da calor permanente que se orixinou nos primeiros momentos da formación do planeta.

2. Cal é a situación da enerxía xeotérmica en España?

 Existen amplias zonas en toda España que poden contar con estes recursos polas súas características xeolóxicas como Galicia, parte de Navarra ou Aragón, o Sistema Central, noroeste de Castela e León, Cataluña ou Andalucía que poderían responder a estes recursos.

3. Que son os combustibles fósiles? cales son? cal é o seu orixe?

Os combustibles fósiles ou combustibles minerais son aqueles combustibles orixinados pola descomposición parcial de materia orgánica fai millóns de anos transformada pola presión e temperatura debidas ás capas de sedimentos acumulados sobre el, e que se extraen do subsolo co obxectivo de producir enerxia por combustión. Considéranse combustibles fósiles o carbón, procedente de bosques do período carbonífero, o petróleo e o gas natural procedente doutros organismos.

Os combustibles fósiles orixináronse de forma natural por un proceso de fosilizacióne por falta de oosíxeno no medio ambiente: deste xeito a materia orgánica non se degradou, facéndose dióxido de carbono e auga, senón que permanecerón en forma demoléculas orgánicas máis complexas, sólidas, líquidas ou en forma de gas, das cales se extrae aenerxía que se libera o utilizalos como combustible

4. Que datos (o máis recentes posibles) hai sobre a dependencia enerxética dos combustibles fósiles en España?

España sempre  caracterizouse pola sua altísima dependencia enerxética dos combustibles fósiles, a cal rexistróu a sua máximo histórico en 2008, cando chegou a alcanzar o 81,3%. 

Según os últimos datos proporcionados polo Instituto Nacional de estadística (INE) de España, a dependencia enerxética do exterior do noso país sitúase en aproximadamente un 73-74%. Así, en España apenas  producese un terzo da enerxía que se consume

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 26:

Actividade 27:

Actividade 21: