Actividade 18:

 1. Cal é a diferenza entre as ondas P e S? Como hai que interpretalas?

As ondas P son ondas de compresión ou primarias e son máis rápidas, as súas partículas vibran na mesma dirección ca onda mediante movementos de compresión ou descomprensión, mentres que as ondas S son ondas transversais, ou secundarias e máis lentas que as anteriores e as súas partículas vibran perpendicularmente a traxectoria da onda.


2. As descontinuidades: que son? que tipos hai? como se interpretan?

As discontinuidades son as zonas nas que se producen cambios bruscos na velocidade das ondas P e S.

As principais discontinuidades do interior da Terra son as seguintes:

- Discontinuidade de Mohorovic: nesta zona as ondas sísmicas P e S aumentan bruscamente a súa velocidade. Separa os materiais menos densos da corteza ( silicatos de aluminio, calcio, sodio e potasio) dos materiais máis densos do manto (silicatos de ferro e magnesio). Sitúase a unha profundidade media duns 35km

- Discontinuidade de Gutenberg: indica a separación entre o manto e o núcleo terrestre. Nesta zona, a uns 2900 km de profundidade, as ondas P diminuen bruscamente a sua velocidade e as ondas S non a poden atravesar, polo que o núcleo debe atopase en estado fluido. 

- Discontinuidade de Lehmann: está situada a 5155 km de profundidade media, separa o núcleo externo (fluido) do núcleo interno (sólido) da Terra, onde se produce un aumento da velocidade das ondas P

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 26:

Actividade 27:

Actividade 21: