Actividade 16:
1. Que é a criba?
As cribas curvas se empregan para a separación de sólidos das augas de proceso e residuais. As cribas curvas presentan unha estructura robusta e os requisitos de mantemento e atención son mínimos. As augas residuais sen tratar se bombean sobre unha criba curva de alambre trapezoidal donde as partículas separadas deslizan cara abaixo debido a gravedade e a auga que pasa a través abandona a criba pola saida.
2. Cales son as principais etapas da depuración das augas?
O primeiro paso é o Pretratamento; consiste principalmente en retirar toda a materia grosa (pedras, grava, area, ramas..) que pode levar a auga. Para isto se empregan tres tipos de sistema diferentes.
- Pozo de grosos: nel decantan os materiais grosos máis pesados para o seu posterior retiro.
- Desbaste: conxunto de rexas e tamices cunha luz de paso cada vez máis fina que permite eliminar os residuos sólidos en suspensión.
-Desarenador/desgrasador: trátase dun tanque alargado de grandes dimensións donde se consegue eliminar as areas da auga e as grasas que pode conter.
O segundo paso é o tratamenro primario, que se trata dun tratamento físico-químico que consisste en aportar diferentes reactivos químicos a auga. Componse de dúas fases:
- Coagulación:adicciónanse sales metálicas para formar coágulos de auga.
- Floculación: engádense polímeros na auga, permitindo a unión entre os coágulos.
O seguinte é o tratamento secundario; neste proceso elimínase completamente a materia orgánica disolta na auga, así como nutrintes tamén disoltos que chegan coa auga residual.
E xa por último a línea de fangos e outros resíduos. Se no primeiro proceso a depuración se xeneran residuos grosos, neste proceso atopamos os lodos, que son sometidos a un proceso de deshidratación para retirarlles a maior cantidade de auga posible.Despóis son evacuados por un xestor autorizado ata o seu tratamento final.
3. Como se separa a area das graxas que están nela? Unha vez feito como se tratan as areas?
Neste sistema por decantación, as graxas, a area e o fango sepáranse da auga, enviándoas cara o fondo do tanque. A parede divisora( en caso de que exista) evita que os lodos se dispersen e fan subir as graxas cara a superficie.
4. Que é a decantación?
A decantación é unha operación de separación mecánica, baixo a acción da gravitación, de varias fases non-miscibles das cales unha polo menos é líquida. Pódense separar así varios líquidos non-miscibles de densidades diferentes, tamén pódense separar así sólidos insolubles en suspensión nun líquido
5. En que consiste o tratamento biolóxico?
Consiste en reducir o contido de materia orgánica das augas, e dicir, diminuir a seu contido en nutrintes ( C,H,O,N,...). Ademáis este tratamento é adecuado para eliminar os patóxenos e parásitos.
6. Por que hai que, logo do tratamento biolóxico, volver a decantar?
Despóis do tratamento citado anteriormente, é necesario volver a decantar as augas para evitar excesos de nutrintes como o nitróxeno e o fósforo.
7. Como se obtén e para que serve o biogás?
O biogás é o resultado da descomposición da materia orgánica. Para poder aproveitar os gases resultantes compre contar cunha planta na que se poida tanto almacear os residuos como deixar as bacterias facer o seu traballo. Isto se pode levar a cabo en plantas biogás específicas ou directamente en complexos para a xestión de residuos.
Principalmente se emprega para a obtención de enerxía eléctrica e térmica. Tamén, e tras refinalo para reducir o porcentaxe de dióxido de carbono, podría ser inxectado na rede convencional do gas natural. Nese caso falaríamos xa do biometano, o metano de orixen renovable, un producto que tamén se podería empregar como biocombustible en vehículos preparados. Ademáis, existen iniciativas que promoven a instalación de pequenos biodixestores particulares para que os agricultores podan transformar os seus propios residuos e autoabastecerse de enerxía.
Comentarios
Publicar un comentario