Actividade 15:
a). Comenta a gráfica indicando os procesos que se produciron no río e as súas causas.
Como podemos ver na gráfica, dende o punto 0, ata o punto A, o río leva a auga limpa. Deste xeito, a cantidade de osíxeno disolto é alta. No punto A prodúcese un vertido sen depurar, tratándose probablemente de augas residuais cun alto contido en materia orgánica. Deste xeito, podemos observar que , inmediatament, aumenta a cantidade de sólidos en suspensión, e a DBO, é baixa.
No punto A prodúcese un vertido sen depurar, tratándose probablemente de augas residuais cun alto contido en materia orgánica. Así , podemos observar como inmediatamente, aumenta a cantidade de sólidos en suspensión, así como a DBO. No punto B practicamen te desaparecen os solidos en suspensión, máis a cantidade de carbono disolto na auga todavía debe permanecer alta, xa que a DBO aínda é importante e a cantidade de osíxeno é baixa.
Finalmente, no punto C, o río recuperou totalmente a calidade da súa auga: o osíxeno disolto volve a ter valñores altos, a DBO diminuiu.
b). Que é a DBO? Que relación garda a súa variación ao longo do cauce coa variación da concentración do osíxeno? Que ocorre cos sólidos en suspensión ao longo do proceso?
A DBO é a Demanda Biolóxica de Osíxeno, trátase da cantidade de osíxeno necesaria para oxidar biolóxicamente a materia orgánica contida nun determinado volume de auga. A DBO e a cantidade de osíxeno disolto estan relacionadas inversamente , se aumenta a primeira, diminue a segunda.
Ao longo do cauce do ría, a cantidade de osíxeno é alta ó principio e descende no punto do vertido, mostrando así que se trata dun vertido cunha alta concentración de materia orgánica.
c). Que outros parámetros químicos se miden para determinar a calidade das augas?
Outros parámetros para medir a calidade da auga son; o Ph, que nos indica o nivel de acidez da auga, a cal ten que atoparse sempre nun valor neutro de 7, ou o DQO, que indica o nivel de oxidación da materia orgánica que se atopa na auga.
Comentarios
Publicar un comentario